A Deputación leva este sábado a Oia o programa provincial +Música cunha actuación da Roda
• O grupo actuará na área de lecer O Cabezo, en Viladesuso, ás 20:30 horas, no marco do Festival de verán da localidade
Infogauda / Oia
A Deputación de Pontevedra levará este sábado 5 de xullo, a Oia un concerto da Roda enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar na área de lecer O Cabezo (Viladesuso) ás 20:30 horas, e forma parte das actividades organizadas co gallo do Festival de verán de Viladesuso.
A Roda, un dos grupos máis coñecidos no panorama da música galega, presenta en Oia unha escolma de temas tradicionais do cancioneiro popular galego, xunto con temas instrumentais e autógrafos, e letras musicadas dos autores máis coñecidos. Esta formación de música tradicional é un dos máximos expoñentes da música popular en Galicia, dedicándose case medio século a promover e difundir a cultura galega a través da música de raíz.
O concerto da Roda é unha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade
Ningún comentario:
Publicar un comentario