27 de xuño de 2025

A GUARDA

O Concello de  A Guarda entregará os Premios de Educación 2024/25 recoñecendo aos mellores estudantes  

• O acto realizarase o próximo xoves, 3 de xullo, ás 20:30h, no Centro Cultural, ao que está convidada toda a cidadanía




Infogauda / A Guarda  

 O Concello de A Guarda volve recoñecer este curso á excelencia e o esforzo académico do estudantado de A Guarda cos Premios Educación 2024/2025.  

 O acto de entrega de premios realizarase o próximo xoves 3 de xullo ás 20:30h no Centro Cultural, ao que está convidada toda a cidadanía para pór en valor o esforzo e talento da mocidade da nosa vila no ámbito educativo e académico.

 “Estes premios, o que queren recoñecer, sobre todo, é o esforzo, tanto dos propios alumnos e alumnas, como das familias que os apoian e lles acompañan durante todo o curso”, sostén o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero.  

 O alumnado que rematou a Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, tanto Media como Superior, cos mellores expedientes académicos recibirán un recoñecemento por parte do Concello en forma de diploma e agasallo.  

 Serán premiados alumnos e alumnas de todos os colexios da Guarda: CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo, IES A Sangriña, Colexio PP. Somascos – Fundación Educere e o Colexio Plurilingüe San Xosé de A Guarda. Ademais, nesta edición, premiarase alumnado do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda, recoñecendo así a súa dedicación e esforzo aos estudos musicais.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario