30 de xan. de 2025

TUI

O Mercado Solidario de Libros e o Calendario da Eurocidade recadaron produtos para SOS Tomiño - Baixo Miño 


Membros de SOS Tomiño – Baixo Miño recolleron os alimentos na Biblioteca e na Casa do Concello
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 O Concello de Tui fixo entrega a SOS Tomiño Baixo Miño de preto de 300 unidades de alimentos recollidos en dúas iniciativas solidarias desenvolvidas ao longo das últimas semanas.  

 Por unha parte a Biblioteca Municipal realizou durante o Nadal, un ano máis, o seu Mercado Solidario de Libros no que se intercambiaban libros por alimentos non perecedoiros. Foi moi ampla a variedade de libros ofertados polo centro bibliotecario tudense que se transformaron e máis dun centenar de alimentos coma pasta, lentellas,  conservas, leite, ou surtidos variados.  

 Por outra banda a Eurocidade Tui-Valença editou o seu calendario solidario protagonizado neste 2025 por fotografías de paisaxes e elementos patrimoniais deste territorio trasfronteirizo. No caso de Tui as persoas interesadas puideron recoller un exemplar na casa do concello a cambio tamén de alimentos non perecedoiros. Foron preto de 200 os alimentos recollidos, destacando a aportación arroz, fariña, leite, ou pasta.  

 Membros de SOS Tomiño – Baixo Miño recolleron todos estes alimentos na Biblioteca e na Casa do Concello para trasladalos ao seu almacén onde foron contabilizados e clasificados, para posteriormente ser distribuídos entre as familias ás que prestan axuda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario