29 de xan. de 2025

TOMIÑO

O Concello abre a votación popular para elixir aos/ás mellores deportistas do 2024 

•  A través dunha ligazón, pódese acceder a unha enquisa expresando a elección 



Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño da este ano a posibilidade de votar polos seus /súas deportistas preferidos/as a través dunha enquisa, con cuxos resultados  contará o xurado á hora de entregar os galardons na Gala do Deporte 2025, que terá lugar o sábado 8 de febreiro no Auditorio de Goián, ás 20.30 horas.  

 Xa se pode votar as candidaturas a mellor deportista absoluta feminina; mellor deportista absoluto masculino; e mellor evento deportivo.   

 O voto repartirase da seguinte maneira: un 30% voto popular e un 70% voto do xurado. A votación estará aberta ata o domingo 2 de febreiro.   

 Nesta ligazón pódese acceder á enquisa: https://tomino.gal/enquisa-gala-deporte-2025

Ningún comentario:

Publicar un comentario