20 de xan. de 2025

TOMIÑO

A Deputación de Pontevedra presentou en Tomiño, ante preto de 300 persoas, os programas de Acción Comunitaria, cunha dotación de 2,4 millóns de euros


O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, no encontro co movemento asociativo e veciñal de Tomiño
Foto: D.PO.

Infogauda / Tomiño

 O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, ofreceu un encontro co movemento asociativo e veciñal de Tomiño, no que se deron cita preto de 300 persoas, para informalo sobre as bases dos programas que impulsará esta área da Deputación de Pontevedra durante o ano 2025: Provincia Comunitaria e +Aqua, que repiten trala grande acollida das súas primeiras edicións, e o novo +Novaqua. En conxunto, recibirán un orzamento inicial de 2,4 millóns de euros, un 20% superior. O deputado provincial lembrou que “as bases xa están publicadas e os colectivos xa poden optar ás axudas, nun ano no que temos máis programas, máis recursos e máis potenciais beneficiarios”.  

 Javier Tourís sinalou a “sorpresa” do bo funcionamento dos programas impulsados o ano pasado, “malia que sabíamos que era unha necesidade e unha conta pendentes da Deputación despois de oito anos ignorando o tecido asociativo, sen plans específicos de axudas para os seus proxectos”. Por iso “era unha obriga recuperación a colaboración e seguir avanzando na modernización do noso territorio, e estes programas serán unha figura clave na cohesión e o equilibrio territorial da provincia”. O deputado sinalou novidades como a simplificación administrativa dos plans así como a captación de fondos estatais, cos que “somos un referente en España na atención ao movemento veciñal e imos consolidar o noso modelo”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario