5 de xan. de 2025

EDUCACIÓN

A Xunta de Galicia facilita que case 300 alumnos de 23 institutos de toda Galicia acrediten o seu nivel de portugués de balde

•  Esta acción é froito dun acordo pioneiro entre a Xunta e o Instituto Camões que non ten ningunha outra comunidade autónoma 


Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 Un total de 279 alumnos de 23 institutos de toda Galicia poderán acreditar de balde o seu nivel de portugués co apoio da Xunta. Son os seleccionados na nova convocatoria pola que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP facilita que os alumnos de centros que imparten lingua portuguesa poidan participar nas probas Camões Junior para certificar o seu nivel de competencias nesta lingua.  

 Galicia é a primeira comunidade autónoma en subscribir un acordo deste tipo co Instituto Camões que, ademais, deriva da aplicación da Lei Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa o vínculos coa lusofonía. Ademais, están en marcha programas como Escolas de fronteira ou Ponte nas Ondas para fomentar a relación dos escolares de ambos os países.  

 En total realizarán estas probas, totalmente gratuítas para as familias, 181 alumnos de 4º de ESO e 98 de 2º de Bacharelato. Todos eles cursan Portugués como primeira ou segunda lingua estranxeira no seu centro. Os centros participantes son os reflectidos na seguinte táboa:

A Coruña

Santiago de Compostela: IES Arcebispo Xelmírez I; IES Arcebispo Xelmírez II; IES Antonio Fraguas Fraguas.

A Coruña: IES Monte das Moas.

Mugardos: IES de Mugardos. 

Negreira: IES Xulián Magariños. 

Rianxo: IES Félix Muriel. 

Teo: IES de Cacheiras 

Ordes: IES Ordes. 

Ames: IES do Milladoiro.

Culleredo: IES Rego de Trabe. 

Lugo

Lugo: IES Ánxel Fole Lugo.

Guitiriz: IES Poeta Díaz Castro. 

Ourense

Verín: IES García-Barbón. 

Ourense: IES O Couto. 

Pontevedra

Tui: IES San Paio Pontevedra; IES Indalecio Pérez Tizón. 

Caldas de Reis: IES Plurilingüe Aquis Celenis.

O Porriño: IES Ribeira do Louro. 

Tomiño: IES Antón Alonso Ríos 

A Estrada: IES Avelina Valladares 

Vigo: IES Valadares. 

Ponteareas: IES do Barral.

Probas en liña 

 As probas, que se realizan a través dunha plataforma electrónica, consisten nun único exame para avaliar o grao de desempeño global nas competencias de comprensión e de expresión oral (un 50% da puntuación total) e de comprensión e expresión escrita (outro 50%) co fin de acreditar o nivel lingüístico A1, A2 ou B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.  

 Para acadar a certificación, os estudantes terán que superar as probas do Exame de Portugués Lingua Estranxeira Camões Júnior, pero non terán que desprazarse para facelo, senón que as farán desde o seu centro educativo a través dunha plataforma electrónica.  

 O Instituto Camões será o encargado da organización e xestión das probas, que se que de forma xeral se levarán a cabo nas instalacións de cada centro educativo nas datas acordadas entre ambas partes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario