Abertas as inscricións para o programa ‘Cultiva a mente’
• A actividade dará comezo o luns 3 de febreiro, con previa inscrición no departamento de Servizos Sociais
Infogauda / A Guarda
Un ano máis, o Concello de A Guarda organiza, xunto a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA), o programa ‘Cultiva a mente’.
Está dirixido a persoas maiores de 55 anos co obxectivo de estimular as súas capacidades cognitivas, fomentar a socialización e as emocións positivas e aprender consellos saudables para o seu cerebro.
A actividade dará comezo o luns 3 de febreiro, con previa inscrición no departamento de Servizos Sociais, tanto de xeito presencial (3ª planta) como por vía telefónica no teléfono 986 614 507.
As persoas participantes dividiranse en dous grupos: o primeiro acudirá de 16:00 a 17:30 horas, e o segundo grupo desde as 17:30 ata as 19:00 horas. A actividade impartirase no Concello de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario