28 de dec. de 2024

TOMIÑO

A unidade móbil de Doazón de Sangue estará en Goián (Tomiño) o mércores 8 de xaneiro 

•  O autobús situarase na zona da Carballeira entre as 16.00 e a 21.00 horas 


Infogauda / Tomiño

 A unidade móbil de Doazón de Sangue estará en Goián (Tomiño) o mércores 8 de xaneiro. O autobús situarase na zona da parada da Carballeira entre as 16.00 e a 21.00 horas.  

 Para poder doar sangue, é preciso ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 kilos. Debe almorzarse, e despois de xantar ao medio día, esperar dúas horas. Non esquecerse de levar tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e, en caso de estar tomando algún medicamento, informe do médico/a.  

 A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia para levar a cabo a súa actividade asistencial programada e atender as urxencias. 

 Cada día ADOS mantén abertos sete locais de doazón nas sete grandes cidades e despraza dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas, nas dependencias centrais de ADOS, para atender aos enfermos que as precisen. Ese obxectivo só é posible coa cooperación dos organismos públicos, concellos, medios de comunicación, centros docentes, asociacións de doantes e as empresas. 

 Na situación actual, ADOS traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e dos doadores de sangue. Así mesmo, dispón dun teléfono de información gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón de sangue e tamén sobre a localización das unidades móbiles. (900 100 828).

Ningún comentario:

Publicar un comentario