Creatividade infantil de Nadal nos escaparates de Tomiño
• Xa se poden ver, en Tomiño e Goián, as postais que participaron no concurso organizado por ADETO
Gonzalo Lomba / Tomiño
Estes días de luces e decoracións espectaculares, os escaparates dos comercios de Tomiño e Goian locen pequenas mostras de creatividade infantil coas postais participantes nunha nova edición do Concurso escolar de Postais de Nadal.
Case 300 debuxos estarán expostos durante as vacacións de Nadal para que nenos e nenas busquen os seus e llelos ensinen ás súas familias. As postais son unha mostra da creatividade da infancia tomiñesa, cheas de imaxinación e cunha ampla variedade de estilos que nos amosan a súa visión do Nadal.
Como parte do concurso, un xurado escolleu, de entre catro categorías de idades, as máis orixinais premiando aos seus autores ou autoras con vales regalo para desfrutar nos negocios locais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario