6 de nov. de 2024

OIA

O Concello de Oia entregará novos composteiros 

O vindeiro venres, 8 de novembro, ás 19:00 horas, no Centro Cultural de Pedornes

  

Vista da asistencia de persoas veciñas de Oia, nunha charla informativa da campaña de compostaxe doméstica

Foto: C.O.


Infogauda / Oia 

 O Concello de Oia continúa avanzando na súa campaña de compostaxe doméstica, anunciando unha nova entrega de composteiros que terá lugar o vindeiro venres, 8 de novembro, ás 19:00 horas, no Centro Cultural de Pedornes. Esta iniciativa, dirixida á veciñanza que dispón dun pequeno terreo, ofrece composteiros de balde para fomentar a xestión sostible dos residuos orgánicos. As persoas interesadas poden anotarse para esta entrega premendo nesta ligazón.  

Visitas de seguimento 

 Ademais, esta semana realizaranse visitas de seguimento as persoas veciñas que xa están a participar no programa. Estas visitas, programadas para o mércores, xoves e venres, ofrecerán apoio técnico e resolverán calquera dúbida sobre o uso dos composteiros entregados.   

 O Concello agradece a implicación cidadá e anima a toda a veciñanza a seguir compostando para reducir a pegada ecolóxica e contribuír a unha Oia máis sostible. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario