27 de nov. de 2024

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O Mecalia Atlético Guardés, presente en Europa e Sudamérica durante o parón da liga Guerreiras Iberdrola 

• Tres xogadoras e a adestradora do Mecalia competirán coas súas respectivas seleccións nas competicións internacionais as próximas semanas  

• Blazka Hauptman foi convocada pola selección eslovena para disputar o EHF Euro 2024, que comeza este xoves 28 en Innsbruck (Austria)  

• Jazmín Mendoza e Pauli Fernández compiten  con Paraguai, con Ana Cristina Teixeira Seabra tamén como adestradora axudante, no Torneo Sur Centro SCA Sénior Feminino de Río de Janeiro (Brasil) a partir de hoxe, en busca dunha praza para o seu país no Mundial 2025 


                                                         Jazmín Mendoza e Pauli Fernández

Blažka Hauptman


Redacción Deportes / A Guarda

 O Mecalia Atlético Guardés conta con representación internacional unha vez máis. Distintas xogadoras estarán presentes nas diferentes competicións e torneos internacionais que se están celebrando estas semanas e que motivaron o parón da liga Guerreiras Iberdrola que se estenderá ata o próximo 20 de decembro (aínda que o Mecalia Atlético Guardés xogará o 14 para recuperar o partido aprazado de oitava xornada con Caixa Rural Aula Valladolid). Blažka Hauptman, Jazmín Mendoza e Pauli Fernández atópanse estes días competindo coas súas respectivas seleccións, Eslovenia e Paraguai, levando a representación guardesa ás competicións europeas e os clasificatorios para o Mundial 2025.  

 No caso de Blažka Hauptman, este luns coñecíase a súa inclusión na convocatoria do adestrador Dragan Adžić para representar a Eslovenia no campionato de seleccións European Women’s Handball Championship (EHF) 2024, que se celebra entre Austria, Hungría e Suíza entre o 28 de novembro e o 15 de decembro.   

 Hauptman xogará o seu primeiro partido este xoves 28 ás 20:30 horas na cidade austríaca de Innsbruck ante a selección de Noruega, nun encontro que poderá verse en liña na plataforma de pago da EHF. Trátase do primeiro dun total de tres duelos que disputará Eslovenia como parte da fase preliminar do torneo, na que comparte grupo con Noruega, Eslovaquia e a anfitrioa Austria, e que terminará o 3 de decembro. En caso de clasificarse como primeiro ou segundo de grupo, a selección eslovena viaxaría a Viena para disputar os catro partidos da fase principal do torneo, seguida por unha última etapa de cinco encontros finais que culminaría o 15 de decembro coa gran final polo título, tamén en Viena.  

 O calendario completo da EHF Euro 2024 pode consultarse aquí. 


AGENDA Eslovenia EHF Euro 2024

 

Noruega – Eslovenia

Xoves 28 novembro 20:30 horas

Centro Olympiahalle Innsbruck (Austria)

Eslovenia – Eslovaquia 

Sábado 30 novembro 20:30 horas

Eslovenia – Austria 

Luns 2 decembro 18:00 horas 

 Pero a representación guardesa nestas competicións non se limita só a Europa. A través da convocatoria de Pauli Fernández e Xasmín Mendoza na selección paraguaia, o Mecalia Atlético Guardés estará presente tamén no balonmán suramericano, que celebra esta semana pola súa banda o Torneo Sur Centro SCA Sénior Feminino en Río de Janeiro, Brasil. Trátase dunha competición de seleccións clasificatoria para o Mundial de Balonmán Feminino que se celebrará en Alemaña e Países Baixos a finais de 2025, e na que Paraguai participa contando tamén coa adestradora Ana Cristina Teixeira Seabra como axudante.   

 Así, Fernández e Mendoza xogarán con Paraguai un total de cinco partidos entre este martes 26 e este sábado 30 de novembro coas seleccións de Chile, Brasil, Uruguai, Arxentina e O Salvador, en busca dunha das tres prazas dispoñibles para o Mundial. O primeiro partido celébrase leste mesmo martes 26 ás 16:30 (20:30 horas en España), #ante a selección chilena, e retransmitirase en liña exclusivamente en Disney+. Poden coñecerse máis detalles sobre a competición nas redes sociais da Confederación Paraguaia de Handball.  




AXENDA Paraguai SCA Sénior Feminino 2024

Paraguai – Chile 

Martes 26 novembro 16:30

(20:30 españolas)

Estadio CT Niterói

(Brasil)

Paraguai – Brasil 

Mércores 27 noiembro 19:00

(23:00 españolas)

Paraguai – Uruguay 

Xoves 28 novembro 16:30

(20:30 españolas)

Paraguai – Argentina 

Venres 29 novembro 16:30

(20:30 españolas)

Paraguai – El Salvador 

Sábado 30 novembro 14:00

(18:00 españolas) 

 

 O Club Balonmán Atlético Guardés desexa toda a sorte do mundo ás súas xogadoras e adestradora coas súas respectivas seleccións e destaca o orgullo de verse representado nas competicións internacionais de máis alto nivel grazas a elas. 

Moito ánimo! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario