Melloras no pavimento en diversos puntos de A Guarda
• Para aumentar a seguridade vial
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda vén de facer público a renovación do pavimento en diversos puntos do municipio para aumentar a seguridade vial nos mesmos.
Trátase da rú0s Irmáns Noia Xil, no tramo comprendido entre as praias de Fedorento e da Area Grande; e no tramo da estrada PO-353 entre o cruce de Pintán e o límite co concello do Rosal.
Deste xeito, estes tramos danados polos temporais e/ou polo alto número de vehículos que circulan por eles, ofrecen agora unha maior seguridade, sobre todo, de cara o inverno, onde un bo asfalto é clave para circular con seguridade ante as chuvias.
Estas intervencións realizáronse coa subvención do Plan Concellos 2022/2023 que ascendeu a 30.150,93€ e unha aportación por parte do Concello de 3.615,51€.
Ningún comentario:
Publicar un comentario