Mobilización diante de Stellantis
• Este venres 18 de outubro de 2024, ás 11:00 horas, diante de Stellantis en Vigo (Avenida de Citroën)
Infogauda / Vigo
Delegados/as da CIG-Industria e traballadores/as da automoción galega desenvolverán este venres, 18 de outubro de 2024, ás 11:00 horas, diante de Stellantis en Vigo (Avenida de Citroën), unha nova protesta para reclamar solucións urxentes para o sector coincidindo coa folga convocada na factoría de Stellantis en Italia. A central sindical aproveitará a mobilización para a anunciar unha próxima convocatoria de folga na industria do automóbil en Galiza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario