Aneiros enxalza o compromiso de Xesús Alonso Montero con Galicia e a súa lingua na presentación da separata de ‘FerrolAnálisis’ dedicada á súa figura
A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou esta tarde no salón de actos do campus industrial na homenaxe que o Club de Prensa de Ferrol lle brindou ao intelectual no número 35º da súa revista
Infogauda / Ferrol
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde no salón de actos do campus de Ferrol na presentación da separata que a revista FerrolAnálisis, editada polo Club de Prensa de Ferrol, dedica no seu número 35º á figura de Xesús Alonso Montero do que enxalzou o seu compromiso con Galicia e a súa lingua.
Aneiros destacou a súa vasta obra, tanto no campo da investigación como da difusión da cultura galega, como “un testemuño do seu infatigable empeño por dignificar a nosa lingua e a nosa literatura” e cualificou a publicación non só como un tributo á súa figura, senón “un reflexo do respecto e a admiración que tantos lle profesamos”.
A delegada territorial abundou na importancia de levar a cabo homenaxes como esta e comprometeu o apoio da Xunta a iniciativas que “contribúen a manter viva a nosa lingua, as nosas tradicións e os nosos sinais de identidade”.
Por último, Aneiros felicitou ao Club de Prensa de Ferrol, editor da publicación, pola iniciativa e os 35 anos de “aventura editorial” que supoñen as páxinas de FerrolAnálisis, “un foro de pensamento e reflexión que enriquece, número tras número, a vida intelectual e cultural da nosa querida cidade de Ferrol”, asegurou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario