21 de out. de 2024

A GUARDA

ANXO BAZ E O SEU BNG EN CONTRA DO TREN TURÍSTICO DA GUARDA


 Tren Turístico da Guarda


Partido Popular / A Guarda

 O PP da Guarda afirma que Anxo Baz e o BNG da Guarda sacaron a careta coa súa “turismofobia” en contra de Roberto Carrero e o Tren Turístico da Guarda.

 O Alcalde da Guarda, Roberto Carrero, apostou por fomentar un sector estratéxico para a economía do municipio como é o turismo.

 As cifras de visitantes non albergan dúbidas: “Desde que estamos no Goberno aumentamos  significativamente o número de visitantes no verán e, grazas ao Camiño de Santiago, logramos desestacionalizar o turismo coas iniciativas levadas a cabo tanto persoalmente como polo goberno co Xacobeo-Transfer, as campañas de publicidade da Guarda, presentacións de festas fóra de Galicia, reunións con operadores turísticos etc., etc.)” 

 Roberto Carrero conclúe: “Este verán, á parte das múltiples actividades que se desenvolveron desde o goberno municipal (concertos, sesións vermut, actividades deportivas, visitas guiadas, lecer para mocidade e familias etc., etc.) entendeuse que era procedente, dentro da promoción e difusión do Concello da Guarda como axente dinamizador do turismo, ofrecer un servizo de tren turístico a prezos populares. O éxito de visitantes foi rotundo pero, como de costume, Anxo Baz e o BNG da Guarda, están sempre en contra de calquera iniciativa que reporte beneficios ao pobo”. 

 Os populares recriminan a Anxo Baz e ao BNG da Guarda que non teñan outra estratexia que desacreditar persoalmente a Roberto Carrero sementando incertezas sobre a súa honorabilidade e a contratación do Tren Turistico da Guarda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario