A CORRUPCIÓN URBANÍSTICA PARALIZA A COMPRA DOS TERREOS PARA O CENTRO INTEGRAL DE SAÚDE (CIS)
• Roberto Carrero, no centro da sospeita
Anxo Baz (BNG): “Estamos fronte a un escándalo de enormes dimensións que o alcalde da Guarda coñecía cando decidiu mercar os terreos. Dous membros do goberno local eran directivos da comunidade de montes”
Grupo municipal do BNG / A Guarda
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, viuse forzado a retirar da orde do día do Pleno celebrado no día de onte a compra dos terreos para a construción do Centro Integral de Saúde (CIS), diante da denuncia presentada na fiscalía pola Comunidade de Montes da Guarda, por posíbeis delitos de apropiación indebida, administración desleal e corrupción urbanística, que afectan a unha parte importante dos terreos que pretende comprar o alcalde.
Anxo Baz, portavoz do BNG, afirma “estamos fronte a unha desvergonza do goberno en materia urbanística que o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, coñecía cando decidiu a compra destes terreos, xa que dous membros da súa equipa eran coñecedores da trama. O tenente de alcalde, Celso Fariñas, e a concelleira de Servizos Sociais, Isabel Guisande, nese momento, ocupaban os cargos de secretario e tesoureira, respectivamente, na anterior directiva da comunidade de montes, presidida por Manuel Castro “Lolo”, propietario da empresa a nome de quen figuran agora rexistrados os terreos revalorizados para a súa venda ao Concello no 300%”.
O nacionalista acabou concluíndo “Roberto Carrero, alcalde da Guarda, ocúltalle á cidadanía guardesa unha trama que engrosa a súa carreira, iniciada coas ilegalidades cometidas na contratación do tren turístico”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario