A ASOCIACIÓN NATURALISTA "BAIXO MIÑO" (ANABAM) PUBLICOU O BOLETÍN "CARRIZAL", Nº 23 - ÉPOCA II
Ricardo
Rodríguez Vicente / A Guarda
Como xa indicamos con anterioridade, a Asociación
Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), publicou os boletíns "Carrizal",
correspondentes aos seis bimestres de 2023 e o primeiro bimestre de 2024.
Dado que xa publicamos sendas recensións dos números 17, 18, 19, 20, 21 e 22 do "Carrizal" - Época II, hoxe imos referirnos ao contido do nº 23, correspondente a xaneiro/febreiro de 2024, que na súa portada leva a fotografía - da autoría do fotógrafo naturalista Luis Dorado Senra, de Fornelos (O Rosal) -, dun fermoso exemplar de narciso (Narcisus tazetta), unha planta bulbosa perenne, glabra con talo forte, de 20-65 cm de alto, comprimido, de 2 cantos e sen follas, cuxo hábitat sitúase en terreos en cultivo, matogueiras e beiras dos ríos.
Nas páxinas interiores, ademais de figurar a composición da xunta directiva de ANABAM; datos de contacto coa asociación; importes das cotas de socios/as, etc., vemos os seguintes traballos:
• Escaravellos no Baixo Miño (XII). Copris (Copris) lunaris (Linnaes, 1758), por M. Javier Blanco Souto.
• Aniñamento de gaivotas na vila da Guarda, por Agustín Ferreira Lorenzo.
• Fauna silvestre atropelada - 2023, por Agustín Ferreira e Xabi Pin.
• Fototrampeo, informe anual 2023, por Noé Ferreira Rodríguez.
• Apuntes da nosa histsoria.
Tamén figura un resumo das actividades previstas para xaneiro/febreiro 2024.
Como se indica nesta interesante publicación, impresa en
papel reciclado, e que os socios de ANABAM reciben de balde; este número do
boletín "Carrizal" está parcialmente subvencionado
polo Concello de A Guarda.
En vindeiras datas temos previsto informar doutros números
do Carrizal que publique ANABAM.
Ningún comentario:
Publicar un comentario