Érguete Baixo Miño ofrece diversos Programas de Prevención Escolar e Familiar nos Centros Educativos para este curso escolar 2024/25
Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda
Érguete Baixo Miño inicia un ano máis, o traballo nos centros educativos neste curso escolar presentando dúas breves guías cos Programas Escolares e Familiares para a Prevención de Condutas Aditivas e Educación para a Saúde que se ofrecen de maneira gratuíta nos centros educativos de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia.
Os nosos programas están deseñados tanto para os/as escolares como para as familias, e abordan de xeito lúdico e dinámico unha realidade cada vez máis presente nos tempos actuais e que afecta a idades cada vez máis temperás. Exploramos temas relacionados coas condutas aditivas (con ou sen substancias), a xestión emocional, a resolución de conflitos, a presión do grupo, a redución de riscos, a autoestima e o lecer saudable, entre outros. Ademais, adaptamos estes temas ao contexto e ás necesidades específicas de cada aula. Tamén sobre pautas de actuación eficaces para pais/nais/titores/as, traballando de forma específica no fortalecemento dunha vida saudable.
Como novidade para este curso, destacamos o programa Ludo Libre sobre a prevención do xogo de azar tanto online coma offline dirixido ao alumnado de 4º ESO e FPB.
Cabe mencionar que estes programas son gratuítos e que están financiados pola Consellería de Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública e Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria - e tamén polas cotas dos socios e socias da Asociación.
Poden visualizar as presentación destes programas nas nosas redes sociais: Instagram (@erguetebm), Facebook (@erguetebaixomino), X (@ErgueteBM)
Para recibir máis información e/ou solicitar a implantación dalgunha destas actividades nalgún centro educativo, contacte con nós.
Asociación Érguete Baixo Miño
Rúa /Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso)
A Guarda - Pontevedra
Teléfonos: 986 614 407 / 640 086 376
Correo electrónico: info@erguete.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario