Mañá comezan as obras de reconstrución da ponte sobre o regato Fonte do Febreiro, en Paramos
• Suporán un investimento de 48.000 euros e o prazo de execución é dun mes
Infogauda / Tui
Mañá martes, 16 de abril, comezarán as obras reconstrución da ponte sobre o regato Fonte do Febreiro, en Paramos, que se vira afectada polas intensas choivas de xaneiro de 2023.
Debido ao comezo das obras, a partir de mañá a ponte estará cortada completamente. Dende hai un ano está cortado o tráfico rodado, e a partir de mañá tamén o tránsito peonil.
As obras foron adxudicadas á empresa Servicios Medioambientales del Miño S.L. por un importe de 48.188, 24€, financiado ao abeiro das Subvencións para a reparación dos danos causados polas inundacións sucedidas nos concellos da provincia de Pontevedra da Deputación de Pontevedra. O prazo de execución estímase nun mes.
Esta ponte sobre o regato Fonte do Febreiro está situada en plena senda PRG-19 entre Tui e Caldelas, polo que as persoas que durante as próximas semana camiñen pola senda, neste punto deberán empregar rutas alternativas para continuar.
Por outra parte vén de ser adxudicada á empresa COVSA a obra de construcción da nova ponte sobre o río Cotarel que une as parroquias de Randufe e Pazos de Reis, que comezará en breve.
Ningún comentario:
Publicar un comentario