11 de abr. de 2024

A GUARDA

XORNADA INFORMATIVA DO PROXECTO DA TÚA MAN NO RURAL, DIRIXIDA A PRODUTORES, COMERCIO E HOSTALERÍA EN XERAL 

 Será o vindeiro xoves, 18 de abril, ás 20:00 horas, na Casa dos Alonso 




Infogauda / A Guarda

 Co obxectivo de fortalecer e impulsar a actividade comercial da nosa provincia e prestar especial atención ao produto e comercio locais, a Deputación de Pontevedra lanza o proxecto DA TÚA MAN. Este proxecto está integrado por 19 concellos e está en liña co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR). 

 Esta semana a Deputación abriu o procedemento para adherirse a esta rede de comercio local e para dar a coñecer esta iniciativa vanse realizar xornadas para informar dos beneficios da rede, de cómo adherirse e, sobre todo, para a resolución de dúbidas. 

 O Concello de A Guarda adheriuse coa sinatura do convenio “Da túa man. Rural II” para a realización de actuacións como visibilizar e modernizar o pequeno comercio mediante o uso das novas tecnoloxías; xerar prácticas que promovan a economía circular; e mellorar os espazos para ofrecerlle un servizo óptimo á poboación local e que atraia visitantes. 

 Unha das iniciativa é a creación da Rede de Comercio Local “Move” intregada polos establecementos e apoiada nunha plataforma en liña para darse a coñecer, para compartir e para establecer relacións comerciais e novas oportunidades de negocio. 

 A xornada informativa do Concello de A Guarda será o vindeiro xoves 18 de abril ás 20:00 horas, na Casa dos Alonso e está dirixida a produtores locais, comerciantes, hostaleiros e empresas de aloxamento. Non é preciso inscribirse pero poden consultar previamente en turismo@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario