Cursos de formación gratuítos subvencionados (2024)
Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia oferta diversas accións formativas gratuítas (contan co financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade). Para inscribirse, cómpre cubrir o formulario correspondente a cada unha. Posteriormente, e conforme a orde de inscrición, contactarase coas persoas interesadas para confirmarlles se dispoñen de praza.
Este ano temos tres modalidades:
1. Presencial. Será necesario acudir nos días e horas indicados para superar a formación.
2. Teleformación. Os cursos terán unha data de inicio e de remate. Cada persoa poderase conectar o día e hora que queira á plataforma, sempre ata que remate o curso, para completar os distintos módulos.
3. Aula virtual. Propóñense diferentes datas. O alumnado deberase conectar desde onde queira, pero nas datas e nos horarios propostos, do contrario non se poderá dar por superada a formación.
A formación sindical vinculada á prevención de riscos laborais (PRL) réxese pola Orde 29 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2024 (código de procedemento TR852A).
A listaxe completa dos cursos dispoñibles, actualizada o 4 de marzo, pódela consultar na nosa páxina web. Recomendámosche visitala de novo unha vez por semana, pois iremos renovando a información referente a estas e próximas accións formativas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario