3 de out. de 2023

GOIÁN (TOMIÑO)

NOVO CICLO DE OUTONO NO CINECLUB POLEIRO  

 O ciclo abre o pano o xoves 5 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Goián, coa película suíza UNRUEH




Rita Alonso / Goián

 Un ano máis, despoís do verán volve o cine ao Poleiro. O ciclo de outono abre o pano o 5 de outubro coa película suíza UNRUEH, traducida ao castelán como Disturbios. Un drama dirixido polo suízo Cyrill Schäublin. 

 Todas as proxección serán no auditorio de Goián ás 20:30 horas. 

 SINOPSE: Ambientada nunha cidade reloxeira de Suiza no século XIX onde unha traballadora dunha fábrica produce a roda de disturbios, unha peza que xira no corazón do reloxio mecánico, de ahí o nome da película. As novas tecnoloxías están transformando a cidade e a protagonista involúcrase no movemento local dos reloxeiros anarquistas. Así coñece ao viaxeiro ruso Pyotr Kropotin, que despois se converteu nun dos ideólogos do anarquismo. Anarquía e precisión na Suíza de 1870.  

 O xoves 5 de novembro chega o filme polaco EO, de Jerzy Skolimowski que acadou o Premio do xurado de Cannes 2022.  

 SINOPSE: EO é un burro moi inocente que vai descobrindo o mundo e parécelle un misterio. Atópase con boa e non tan boa xente, coñece a ledicia e a pena. A súa vida da tumbos e transforma a  boa sorte en desastre e os peores momentos en felicidade inesperada.  

 O xoves 14 de decembro é o turno de UTAMA unha película de Bolivia, con guión e dirección de Alejandro Loayza Grisi. Unha historia de supervivencia que recibiu o Premio do Xurado no festival de Sundance en 2022 

 SINOPSE: No altiplano boliviano, unha parella de anciáns quechuas leva anos vivindo na monotonía do día a día. Durante unha seca inusualmente longa, Virginio e a súa muller Sisa enfróntanse a un dilema: resistir ou seren derrotados pola contorna e o propio tempo. 

 Crítica: Parece un cruzamento entre un western minimalista de Sergio Leone e unha serie de fotografías de Sebastiâo Salgado. Jordan Mintzer: The Hollywood Reporter. 

 O xoves 11 de xaneiro proxéctase a película chinesa El regreso de las golondrinas, con guión e dirección de Li Ruijun.  Acadou a Espiga de Oro na Seminci de Valladolid en 2022.  

 SINOPSE: Un drama rural sobre a humildade. A sinxela Ma e o tímido Cao, expulsados das súas respectivas familias, son obrigados a casar. Para sobrevivir xuntan forzas construindo un fogar. No medio da adversidade  crean un vencello entre eles para prosperar.  

Bono socio para as catro películas 10 euros. 

 O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes.de Galicia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario