6 de out. de 2023

A GUARDA

O BNG INSTA AO ALCALDE DA GUARDA A RETOMAR AS RETRANSMISIÓN DOS PLENOS     


Membros da corporación municipal do Concello de A Guarda, e público, nunha sesión plenaria precedente
Foto: BNG

Infogauda / A Guarda

 O portavoz municipal do BNG, Anxo Lois Baz Vicente, insta “ao alcalde da Guarda a que volva a retransmitir os plenos, como se viña facendo durante estes anos”.  

 O último pleno que se retransmitiu, foi o extraordinario  do 17 de xuño de 2023, no que  tomou posesión o novo goberno municipal. A partir dese  día, o Partido Popular de Carrero e  Fariñas, optaron polo apagón informativo, impedindo  que  á veciñanza da Guarda coñeza de primeira man as decisións que toman os seus representantes, afirma Anxo Lois Baz. 

 “A transparencia - engade o portavoz nacionalista -, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política. A supresión das retransmisións denota escurantismo e falta de transparencia”.

 “A veciñanza da Guarda ten dereito a estar informada do que sucede no concello, das propostas que se fan tanto dende o equipo de goberno como desde os grupos da oposición. A sociedade merece coñecer como se toman as decisións que lle afectan, ou como se manexan os fondos públicos”, argumentou Anxo Lois Baz, para acabar concluíndo: “Dende o BNG esixímoslle ao equipo de goberno que recapacite, que retome a vía democrática e volvan  retransmitir os plenos”.     ,

Ningún comentario:

Publicar un comentario