6 de out. de 2023

A GUARDA

Horario de inverno no Punto Limpo de A Guarda 




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, vén de anunciar un cambio de horarios na atención que se presta aos cidadáns no Punto Limpo do municipio, ampliando o horario de apertura de xeito que se facilita o acceso a este servizo. 

 O horario é o seguinte:  

 De luns a venres, de 8:00 a 14:30h.

 Sábados de 8:30 a 13:00h.  

 Domingos pechado.  

 O Concello de A Guarda considera que con esta ampliación do horario do punto limpo mellorarase o servizo e facilitarase tamén a reciclaxe, dentro da folla de ruta da Estratexia Europea 2020 e nas medidas recollidas no paquete de economía circular. 

 A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda continúa deste xeito coa mellora das taxas de reciclaxe, contando ademais cun dos puntos limpos de referencia a nivel autonómico. 

 Máis información no Punto Limpo de A Guarda, ao carón da piscina municipal, no teléfono 690 01 69 76 ou no enderezo electrónico medioambiente@aguarda.es

 O Plan de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia 2010-2020 (PXRUG), establece as bases para impulsar a xestión de residuos urbanos en Galicia, facendo especial fincapé na prevención e a valorización dos residuos, accións que van en consonancia co PEMAR, Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario