4 de set. de 2023

A GUARDA

A BAIXADA DE CARRILANAS FESTAS DAS MERCEDES, 2023, UN NOVO ÉXITO

 Refrendado polo número de participantes e a importante afluencia do público


Alcalde e concelleiros de A Guarda, con membros da organización e os tres primeiros clasificados da proba.
Fotos: C.A.G.


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Tralo éxito da edición precedente, celebrada en 2022, no circuíto urbano comprendido entre a praza de Avelino Vicente e a rúa do Porto, na vila de A Guarda; a Baixada de Carrilanas Festas das Mercedes, 2023, volveu a ser un evento que moveu centenares de persoas que non quixeron perderse a proba que por espazo de preto de dúas horas, tivo lugar na tarde do pasado sábado día 2 de setembro.

 Cunha participación de 13 carrilanas e 9 triciclos, a VI Baixada de Carrilanas realizouse - logo dunha baixada de recoñecemento do circuíto establecido pola organización  - en dúas mangas por tempos, e finalmente unha gran final con todos os participantes xuntos.

 Cun tempo de 00:48:59, os vencedores da  VI Baixada de Carrilanas, foron Raúl e David, coa carrilana nº 5 (Police).

 En 2º lugar, cun rexistro de 00:49:84 - tanto na primeira como na segunda manga -, Xurxo e Sergio, coa carrilana nº 4 (Voda).

 E a 3ª posición, cun crono de 00:49:91, foi para Yayo e Rubén, coa carrilana nº 7 (Popeye).


Podio cos pilotos e copilotos que lograron os correspondentes trofeos ao 1º, 2º e 3º clisificado, respectivamente
Trofeos e medallas

  

 Coa participación do alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero; do concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas, así como de outros membros da corporación municipal; a organización fixo entrega dos correspondentes trofeos aos tres primeiros clasificados, así como medallas aos demais participantes, tanto en carrilanas como en triciclos.

 A organización da proba - Asociación de Veciños e Propietarios O Percamino - Comisión de Festas das Mercedes, 2023 -, agradeceu á asistencia do numeroso público, así como ao Concello de A Guarda, Policía Local, personal municipal, servizo de ambulancia, etc., facendo posible que unha proba desas características, cunha loxística específica e perfectamente coordinada, puidese realizarse con total éxito e sen ningún tipo de incidencia. E tamén - moi importante -, que nas primeiras horas do domingo día 3, todo o traxecto da baixada estivese perfectamente limpo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario