21 de xuño de 2023

TUI

Este xoves preséntase o IX Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade 




Infogauda / Tui

 Mañá xoves, 22 de xuño, ás 12 h no salón de plenos do concello de Tui, presentarase o IX Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, que este domingo, 25 de xuño se vai celebrar no Pavillón Municipal Gustavo Rodríguez.  

 Este evento está organizado polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu.  

 Participarán na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides; o concelleiro Rafael Estévez; o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso; o director do campionato, Eduardo Méndez; e o director do departamento de Kung Fu moderno da Federación Galega de Kung Fu, Aarón Blanco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario