A Entidade Local Menor de Pazos de Reis constituíu a súa nova corporación
Óscar Méndez xurou o cargo coma nova presidente xunto aos outros catro vogais que integrarán este mandato
Infogauda / Pazos de Reis
Nun sinxelo acto de constitución, a nova corporación da Entidade Local Menor (E.L.M.) de Pazos de Reis, quedou constituida este mediodía con Óscar Méndez Martínez coma novo presidente electo.
Tamén xuraron o cargo os catro vogais que integrarán este novo mandato da Entidade Local Menor de Pazos de Reis: Vanesa González, Tomás Camacho, Olga Méndez e José González.
Logo da comprobación das credenciais de todos os integrantes, Óscar Mendez, candidato do PSdeG-PSOE, xurou o cargo de novo presidente da Entidade Local Menor tudense, relevando así no cargo a Enrique Pérez.
Acompañando ao novo presidente da E.L.M. estivo Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, xunto a membros da nova corporación municipal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario