20 de xuño de 2023

A GUARDA

Presentación do proxecto "Actúa Verde"

Este martes, día 29 de xuño, no auditorio do Centro Cultural (A Guarda), ás 18:00 horas




Infogauda / A Guarda

 Dende a asociación FOCO, convidan á cidadanía á presentación dos resultados do proxecto "Actúa Verde".  

 Neste proxecto europeo, financiado polo programa Erasmus+, FOCO (A Guarda) e Calypso (Pavía, Italia) traballaron xuntos con 20 mozos guardeses e italianos de entre 13 e 17 anos. Estes mozos foron persoas interesadas en reflexionar sobre temas ambientais e que querían explorar o teatro como experiencia de aprendizaxe.  Estes mozos e mozas participaron no desenvolvemento de dúas actuacións e a súa presentación ao público e no deseño, planificación e implementación do Festival “Actúa Verde”.     

 Neste acto membros da asociación FOCO presentarán a guía na que reúnen a experiencia da organización da primeira edición do festival “Actúa Verde”, que tivo lugar na Guarda os días 9 e 10 de abril de 2023.  

 Presentarán o proxecto, os participantes que organizaron o festival compartirán a súa experiencia e contaremos cunha peza de baile contemporáneo creada por Irene Camuzzini (Italia).

Ningún comentario:

Publicar un comentario