19 de maio de 2023

TOMIÑO

A Real Federación Galega de Motonáutica imparte en Tomiño un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación  

Será o vindeiro venres 2 de xuño no Espazo Fortaleza de Goián. Data límite para inscribirse, 30 de maio  


Participantes nun curso para obter ou renovar a licencia de navegación
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 A Real Federación Galega de Motonáutica en colaboración co Concello de Tomiño e o Club Náutico Inclusivo Baixo Miño impartirá un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación. Este curso celebrarase o vindeiro venres 2 de xuño na contorna do Espazo Fortaleza de Goián e contará con prazas a tarifa reducida para persoas con mobilidade reducida. A data límite para inscribirse será o vindeiro 30 de maio ás 00.00 horas. 

 O curso consistirá nunha parte teórica e outra práctica, para a que se empregará o pantalán da zona. A actividade contará cunha embarcación adaptada para aquelas persoas inscritas con mobilidade reducida.  

 A nova titulación coñecida como licencia de navegación habilita á persoas para o goberno de embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e unha potencia de motor adecuada á mesma segundo o fabricante, navegación diúrna ata 2 millas de calquera dirección de porto, mariña ou lugar de abrigo, así como o manexo de motos acuáticas de calquera potencia. 

 Para realizar a inscripción e obter máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 986 222 440 ou enviar un correo electrónico ao enderezo info@fgmotonautica.org.

Ningún comentario:

Publicar un comentario