25 de maio de 2023

A GUARDA

ANTONIO LOMBA MANTÉN O SEU COMPROMISO COS BARRIOS E PARROQUIAS DA GUARDA, ONDE REALIZARÁ NUMEROSAS ACTUACIÓNS 

 

Retranqueo e novo pavimentado do camiño do Pahiño
Foto: GMS

Infogauda / A Guarda

 “Coidamos dos nosos barrios e parroquias cun plan continuado de renovación dos servizos e infraestruturas públicas, que potenciaremos nos próximos anos para mellorar a vida dos veciños e veciñas”. Este é o compromiso do actual alcalde e candidato do PSdeG-PSOE ao Concello de A Guarda, Antonio Lomba.   

 “A atención integral en todo o municipio é unha prioridade” para Antonio Lomba, que prevé  “continuar a folla de ruta actual con novas obras de humanización de Ribadavila (rúa San Bernardo e rúa Guía) e o arranxo da rúa de Salgueiró

 Asemade, Antonio Lomba e o seu equipo humano afirman que tamén continuarán  “coa ampliación dos camiños no rural e desenvolverán o proxecto de sendeiros na parroquia de Salcidos.  

 “A rehabilitación integral da escola de San Lourenzo e a segunda fase da Subida a Sanamaro” tamén están na axenda da candidatura.   

300.000 euros en pavimentacións 

 As propostas de Antonio Lomba “veñen avaladas pola longa lista de actuacións levadas a cabo neste mandato municipal, entre elas as realizadas para renovar a rede de camiños municipal, especialmente no rural.  

 “Investíronse máis de 300.000 euros en obras de pavimentación nos barrios e parroquias, mellorando a seguridade viaria de vehículos e a peonil", remata Antonio Lomba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario