14 de abr. de 2023

OIA

Concerto do cuarteto Dextrum Ensemble 

 O domingo, 16 de abril, ás 19:30 horas, na Praza Centinela   




Infogauda / Oia

 Este domingo 16 de abril, ás 19:30 horas, a Praza Centinela, no Arrabal, acollerá un concerto de Dextrum Ensemble. A cita musical  forma parte do ciclo “Músicas no Camiño Portugués”, que levará á formación galega por diversas localidades.   

 A proposta musical deste cuarteto de saxofóns preséntase como toda unha viaxe polos sons que invaden a peregrinación a Compostela desde o medievo ata os nosos días. Terá unha hora de duración e o repertorio basearase en adaptacións de pezas clásicas corais xunto con outras de creación de compositores e compositoras procedentes tanto de Galicia como de Portugal, para alternar diferentes sonoridades e potenciar a cultura musical de ambos países.  

 A actuación está financiada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Oia. Terá lugar nun dos lugares emblemáticos do barrio histórico do Arrabal e lugar de paso obrigado dentro do itinerario xacobeo: A Praza Centinela. 

 En caso de choiva, o concerto trasladarase á praza do Calvario, de Pedornes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario