ATLETISMO
EMILIA RODRÍGUEZ BAZ, FIXO PODIO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO E MASTER DE 20 KM MARCHA
• A marchadora guardesa logrou rebaixar en máis dun minuto súa marca persoal, conseguindo un novo récord galego na categoría Master 45
Fotos: Cedidas
Infogauda / A Guarda
A marchadora Emilia Rodríguez Baz (Milu), de A Guarda, vén de terminar en Córdoba, o Campionato de España absoluto e Master de 20km Marcha, que se celebrou o pasado domingo día 26 de marzo, ás 10 da mañá. A atleta guardesa fíxoo nun tempo de 1h 56´31", rebaixando en máis dun minuto a súa marca persoal, quedando na posición 33ª en Absoluta e 3ª na súa categoría - Master 45 - conseguindo un novo récord galego na categoría Master 45.
Ningún comentario:
Publicar un comentario