3 de out. de 2022

A GUARDA

Aberto proceso extraordinario para cubrir 4 prazas na Escola Infantil Municipal de A Guarda  


Porta principal da Escola Infantil Municipal de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O concello de A Guarda fixo público no día de hoxe que o departamento de Servizos Sociais abre do 3 ao 7 de outubro, un proceso extraordinario para cubrir 4 prazas a xornada completa na Aula de 0-1 anos da Escola Infantil Municipal. 

 Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude do 3 ao 7 de outubro.  

 Para maior información dirixirse o Departamento de servizos sociais do concello da Guarda en horario de 9.00 a 14.00 h. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario