3 de out. de 2022

SALCIDOS (A GUARDA)

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO MONTE VECIÑAL 

En Santiago de Compostela, o sábado 15 de outubro de 2022, ás 12:00 h, dende a estación do tren





Infogauda / Salcidos

 A xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Salcidos (A Guarda), vén de facer público que todas as persoas que queiran asistir a manifestación do sábado día 15 de outubro, ás 12:00 horas, en Santiago de Compostela, deberán anotarse no WhatsApp 649 890 226 ou no correo electrónico:

cmsalcidos@gmail.com


POR UNHA LEI DE MONTES VECIÑAIS AO SERVIZO DA VECIÑANZA COMUNEIRA E DA SOCIEDADE GALEGA 

Organización Galega de Comunidades de Montes

 O proxecto de lei de montes veciñais contida na Iniciativa Lexislativa Popular, ademais de parar o roubo dos montes veciñais, é unha lei ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega. De feito que contempla como eixos fundamentais: 

· O recoñecemento do monte veciñal como unha titularidade mais, distinta e en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas. 

· O reforzamento do carácter xermánico dos montes veciñais en man común. 

· Considerar á veciñanza como único requisito para ser titular destas terras comunitaria. 

· Impedir todo tipo de expropiación dos montes veciñais. 

· Considerar como aproveitamentos e usos dos montes veciñais todos os que se den nos mesmos. 

· Capacidade de decisión da veciñanza comuneira para pór en valor as súas terras comunitarias. 

· Declaración como nulos de pleno dereito de todos os actos de ocupación e usurpación ,así como das súas posteriores transmisión, que se fixeran de xeito ilegal. 

· Declaración dos montes veciñais en común como figuras de protección ambiental e cultural en si mesmos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario