3 de out. de 2022

A GUARDA

A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA  CONTRA O VETO  EUROPEO Á PESCA DE FONDO  ACADOU O APOIO UNÁNIME DA CORPORACIÓN GUARDESA  

• O Grupo Municipal Socialista do concello de   A Guarda presentou esta moción por urxencia para amosar o apoio  ao sector pesqueiro     

• Nesta moción se solicitaba que se iniciase unha recollida de sinaturas  en rexeitamento  do veto  á pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico Nororiental  


O alcalde - no centro da imaxe - e membros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no salón de plenos do concello de A Guarda, amosando o texto da moción 

Infogauda/ A Guarda

 "O Grupo Municipal Socialista presentou a moción por urxencia  debido a que é necesario  reclamar a inmediata suspensión da medida adoptada pola Comisión Europea ata que estean dispoñibles novos informes  científicos", referiu a portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, que indicou que "esta medida se adoptou sen escoitar ao sector pesqueiro, sen escoitar ás empresas e sen escoitar aos traballadores do mar.  Debemos ter en conta que o sector  pesqueiro galego  é referente  mundial  na aposta pola sostibilidade medioambiental. 

 Ademais  nestes  momentos nos que Europa atravesa unha situación difícil por mor da guerra de Ucraína, as administracións   temos que alertar   do compromiso de dispoñibilidade dos produtos do mar. " 

 O  Grupo Municipal Socialista  propuxo  na súa moción  que "o concello de A Guarda iniciase  unha recollida de sinaturas en apoio ao sector pesqueiro e de rexeitamento da medida adoptada pola Comisión Europea que veta a pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico Nororiental."

 "Esta recollida de sinaturas realizarase en diferentes inmobles municipais, como a Casa dos Alonso ou a Praza de Abastos. Tamén estará  dispoñible na Confraría de Pescadores e na nave da asociación Redeiras Atalaia," afirmou Magallanes Álvarez. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario