21 de maio de 2022

A GUARDA

A ASOCIACIÓN CULTURAL ALFOMBRAS DA GUARDA CONVIDA Á CIDADANÍA A COLABORAR




Infogauda / A Guarda

 A Asociación Cultural Alfombras da Guarda vén de facer público un cartel - como o que o reproducimos nesta crónica - e un comunicado que dí:

 "Xa estamos no tempo das alfombras e, dende a nosa asociación, queremos convidarvos a participar na preparación e elaboración das mesmas. 

 A partir do día 27 estaremos desfollando nos lugares habituais e, se o prefires, tamén podes facelo na túa propia casa. Para calquera dúbida, contacta connosco a través dos teléfonos dos representantes de cada rúa que aparecen no cartel. 

Necesitamos as túas mans! Colabora connosco!"

 Nin que decir ten que esa chamada pública á colaboración vai dirixida á cidadanía en xeral, sin distinción de idades, sexos, dispoñibilidades, lugares de residencia,... 

 De tal xeito, que mulleres e homes, nenas e nenos, á convocatoria é ampla e hai sitio para todas/os. 

 Cada persoa que o desexe, xa sabe a onde pode dirixirse, contactando persoalmente ou mediante chamada teléfonica ou Whatsapp.

 Os lugares e números de contacto son os seguintes:

Praza do Reló: 647 919 254

Praza de Ignacio Sobrino: 696 284 785

Rúa Oliva: 627 736 005

As Laxes: 676 004 763

Rúa do Medio: 630 611 004

Rúa Malteses: 620 149 566

Convento: 696 639 236

Rúa Concepción Arenal (2º tramo): 669 967 497

Rúa Concepción Arenal (3º tramo): 679 115 462

 As alfombras de flores que o pobo de A Guarda vén realizando - desde fai varias décadas -, na honra do Santísimo Sacramento, son un labor colectivo, que comeza varias semanas antes da data de celebración da festividade. Dese xeito, son necesarias persoas que poidan sair á procura de material vexetal, vehículos para o transporte, mulleres e homes que realicen o traballo de debullado da materia prima,..., e por suposto, seres humanos voluntarios que na véspora do día do Santísimo marquen na rúa os motivos previamente deseñados e executen os correspondentes deseños. Todo iso, se se fai con ledicia, con boa vontade, e con espírito de colaboración, resulta unha experiencia moi gratificante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario