HOMENAXE A XULIA SUÁREZ EN OIA
BNG Baixo Miño
Nesta mañá pasada por auga, homenaxeamos á muller boa, xenerosa e entregada que foi Xulia Suárez.
Xulia foi, é e será unha referente de loita feminista para as mulleres galegas e nomeadamente para as mulleres do Baixo Miño.
Grazas a existencia de mulleres coma ela podemos por nome, corpo, emoción e historia a esta loita que é colectiva.
Un ano máis recollemos o seu legado neste acto cargado de emoción sabendo que a mellor homenaxe é continuar no camiño por unha sociedade libre de desigualdades.
Grazas Xulia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario