ANABAM PUBLICOU UN NOVO "CARRIZAL"
Correspondente a novembro-decembro de 2021
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) vén de publicar un novo "Carrizal". Neste caso o nº 10 (Época II), correspondente ao bimestre novembro-decembro de 2021.
O devandito boletín, leva na súa portada unha imaxe de flores de azafrán bravo (Crocus serotinus), fotografadas por Luis Dorado Senra.
No seu interior, o "Carrizal" acolle os seguintes artigos:
· As esvásica do poboado castrexo do Trega, de Antón Ferreira Lorenzo.
· Un percorrido pola Camboa de Oia, de Agustín Ferreira Lorenzo.
· Escaravellos do Baixo Miño. Cicindela campestris, de M. Javier Blanco-Souto.
· Reaparecen os esquíos, de Agustín Ferreira Lorenzo.
· O xénero Cochlicella nas praias da desembocadura do Miño, de Agustín Ferreira Lorenzo.
· Árbores extraordinarias do Baixo Miño. Acibro da Portela, de Ricardo da Silva Diz.
· Identificacións das gaivotas chorona e cabecinegra, de Agustín Ferreira Lorenzo.
· Censo de aves acuáticas no Esteiro do Miño.
· Monográfico editado por ANABAM, de M. Ángel Pombal Diego.
· Visto nas redes.
· Cousas de ANABAM.
· Eliminación de acacias no erbedal do Trega.
· Denunciamos o forminogado dun sendeiro.
· Invasión de acacias por un vertido de area.
· Diario: traballos de campo.
· Proxecto "PREABAM".
Coa edición, publicación e distribición do seu boletin "Carrizal", que conta cunha subvención económica do Concello de A Guarda; a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), da conta das súas actividades de observación, defensa, protección, estudo e divulgación do patrimonio natural, etnográfico e cultural do Baixo Miño galego-portugués.
As persoas que desexen subscribirse ao boletín "Carrizal", poden facelo contactando con ANABAM chamando ao teléfono / Whatsapp 616 180 557; por Messenger / Facebook; por correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com); mediante páxina web www.anabam.org ou na sede da asociación: rúa Calvario, nº 44 - baixo (36780) A Guarda. O prezo da subscrición anual (seis números) é de 35 euros/ano.
As persoas que sean socias de ANABAM reciben o "Carrizal" sen ter que abonar ningún importe aparte da cota establecida.
O importe das cuotas anuais é o seguinte:
· Socio normal: 40 euros.
· Socio familiar:
1º Socio, 40 euros
Resto dos socios familiares: 5 euros cada un.
Ningún comentario:
Publicar un comentario