"MÚSICA E PALABRAS": ACORDES E POEMAS A PROL DA PAZ
Os primeiros venres de mes, na casa da Comunidade de Montes de Camposancos
José Fernando Martínez Martínez* / Camposancos
Os primeiros venres de mes na casa da Comunidade de Montes de Camposancos reunímonos para disfrutar de música e poesía, Unha hora de disfrute na que podemos gozar de música en vivo e directo, de Bieito Álvarez, e a poesía ou prosa a poñen os espontáneos, Cada vez somos mais.
Sentímonos orgullosos desta actividade. Para a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos a primeira obriga é mellorar o monte e dado que as organizacións políticas non teñen como prioridade levar as aldeas a cultura temos os comuneiros que investir para lecer do pobo, e abofé que o conseguimos.
* Presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos
Ningún comentario:
Publicar un comentario