5 de mar. de 2022

TOMIÑO

Tomiño planta unha figueira filla da da casa de Rosalía de Castro

Presidiron o acto a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira



Unha filla da figueira da casa da escritora Rosalía de Castro, en Padrón, foi plantada esta mañá en Tomiño, co fin de homenaxear á figura da gran muller das letras galegas no seu 185 aniversario

Fotos: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Unha filla da figueira da casa da escritora Rosalía de Castro, en Padrón, foi plantada esta mañá en Tomiño. Presidiron o acto a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, co fin de homenaxear á figura da gran muller das letras galegas no seu 185 aniversario. 

 A plantación tivo lugar ás 12 do mediodía no terreo anexo ao Edificio de Benestar do Concello de Tomiño, situado no barrio da Rocha, nas proximidades da Casa da Cultura. O acto contou coa participación de integrantes do Consello da Infancia e Adolescencia Voces Novas, que leron varios poemas, e do Grupo de Gaitas Virxe do Alivio, que puxo a nota musical.

Ningún comentario:

Publicar un comentario