1 de dec. de 2021

A GUARDA

A OMIX oferta varios obradoiros para rematar o 2021




Infogauda / A Guarda

 A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de A Guarda organiza diversos obradoiros nos que posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. 

 Asemade desenvolverá tamén unha charla na que o xogo e o xoguete serán os protagonistas, nunhas datas nas que moitas familias planifican os agasallos de Nadal, tentando axudar nunha compra máis consciente e pedagóxica.  




Programa 

2 de decembro ás 18:30h 

Obradoiro Nadal: Papiroflexia para celebracións. 




3 de decembro ás 19:30h 

Charla obradoiro: Xogando no Nadal, o xogo e o xoguete. 




10 de decembro ás 18:30h 

Obradoiro: Reutilizando envases. 

17 de decembro ás 18:30h 

Obradoiro: Reutilizando abelorios 

 Os obradoiros teñen prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do correo electrónico informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 610 000 extensión 7. 

 Para a charla non será necesaria a inscrición previa. 

  Desde á OMIX agardan a vosa participación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario