As equipas de acción cultural dos principais museos do estado, reunidas nas xornadas de educacion patrimonial que organiza o Museo
Este xoves e venres haberá relatorios con representantes do Prado, o Thyssen, o Museo de Cádiz ou a Rede musesística de Lugo, ademais de varias expertas de universidades
Infogauda / Pontevedra
As equipas de acción cultural dos principais museos do Estado español reuniranse este xoves e venres nas ‘I Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial' promovidas pola Deputación e organizadas polo Museo de Pontevedra e a sección de Didáctica das Ciencias Sociais do Grupo de Investigación RODA da USC.
A cita, que fora adiada na primavera de 2020 por causa da pandemia, retómase agora e converterá a cidade do Lérez no epicentro da investigación e a innovación sobre a difusión do patrimonio con representantes do Museo de Prado, o Thyssen, o Museo de Cádiz ou a Rede museística de Lugo, as universidades de Santiago, Vigo, Madrid, Valladolid, Murcia, Huelva, País Vasco ou Porto, entre outras entidades.
Están inscritas case 200 persoas participantes, das que aproximadamente a metade van seguilas de maneira presencial no Edificio Castelao, e as demais de forma telemática dende diversos lugares do mundo a través da plataforma Zoom.
A reunión vai recoller experiencias e propostas froito da colaboración entre equipos de desenvolvemento educativo e acción cultural dos museos e investigadores de diversas universidades, polo que será unha extraordinaria oportunidade para coñecer iniciativas de referencia que se desenvolven en diferentes territorios do Estado.
O comité de coordinación está presidido por José Manuel Rey, director do Museo de Pontevedra, e Belén Castro, da Universidade de Santiago de Compostela. Intervirán, entre outras persoas expertas, Rufino Ferreras (Museo Thyssen-Bornemizsa), Miguel Ángel Cajigal (Museo Gaiás), Encarna Lago (Rede Museística de Lugo), José Antonio Chilía (Museo de Cádiz), Ana Moreno (Museo do Prado), Ana Estévez (Museo do Pobo Galego), Paula Tilve (Museo de Pontevedra), Olaia Fontal (Universidad de Valladolid), Alice Semedo (Universidade de Porto), Marián López Fernández-Cao (Universidad Complutense de Madrid), Cosme Gómez (Universidad de Murcia), Belén Castro (Universidade de Santiago de Compostela), Belén Sola (Universidad de León), Myriam Martín (Universidad de Huelva) e Beatriz Comendador (Universidade de Vigo).
PROGRAMA
4 XOVES
09:00-9:30 Entrega de acreditacións.
09:30-10:00 Acto inaugural.
10:00-10:45 Relatorio inaugural. Olaia Fontal, Universidade de Valladolid.
10:45-11:15 Pausa café.
11:15-12:00 Relatorio 1. Rufino Ferreras, Museo Thyssen-Bornemisza.
12:00-13:30 Mesa 1. Os museos e a mediación cultural. Coordinan: Miguel Ángel Cajigal, Fundación Cidade da Cultura de Galicia; Encarna Lago, Rede Museística Provincial de Lugo; José Antonio Chilía, Museo de Cádiz.
16:00-17:30 Mesa 2. A educación patrimonial e a Axenda 2030. Coordinan: Alice Semedo, Universidade de Porto; Marián López Fernández-Cao, Universidade Complutense de Madrid; Cosme Gómez, Universidade de Murcia, Belén Sola (Universidade de León).
17:30-18:15 Pausa café.
18:15-19:45 Sesión de pósters. Coordina: Myriam Martín, Universidade de Huelva.
5 VENRES
9:30-11:00 Mesa 3. Os museos e a dimensión social do patrimonio. Coordinan: Ana Estévez, Museo do Pobo Galego; Paula Tilve, Museo de Pontevedra; Beatriz Comendador, Universidade de Vigo.
11:00-11:45 Pausa café.
11:45-12:30 Relatorio 2. Ana Moreno, Museo Nacional del Prado.
12:30-13:00 Conclusións e propostas de futuro.
13:00-13:30 Peche e despedida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario