11 de xul. de 2021

PONTEAREAS

A OFICINA LGTBIQ+ DO CONDADO- PARADANTA INICIA A SÚA ANDAINA 

Abrirá as súas portas o vindeiro martes día 13 de xullo


Presentación oficial da oficina comarcal LGTBIQ+ do Condado-Paradanta aos alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras, da comarca do Tea

Infogauda / Ponteareas

 Despois da súa presentación oficial diante dos e das alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras da comarca do Tea, a oficina comarcal LGTBIQ+ do Condado-Paradanta, abrirá as súas portas o vindeiro martes día 13 de xullo. 

 Dita presentación, foi un dos actos que a asociación Trans Miño LGTBIQ+ desenvolveu para a celebración Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ que tivo lugar o pasado día 28 de xuño, na sala de usos polivalentes do Auditorio Reveriano Soutullo, de Ponteareas.

 Segundo vén de facer público a asociación Trans Miño LGTBIQ+, "dende esta oficina comarcal, levaranse accións de información, orientación e asesoramento o colectivo LGTBIQ+, sendo os obxectivos xerais desta oficina, a creación dunha contorna adecuada para que calquera cidadán que acuda por primeira vez se senta cómodo á hora de expor as súas necesidades, que estarán atendidas polo equipo técnico desta asociación.   

 Trans Miño LGTBIQ+ porá a disposición dos usuarios e usuarias desta oficina comarcal un psicólogo, un técnico en orientación sexual e diversidade de xénero e un promotor de igualdade.  

 Os días que estarán abertos o publico serán o 13, 20 e 27 de xullo e os días 03,10 e 26 de agosto, de 10:30 a 13:30 horas, na sala de usos polivalentes do Auditorio Reveriano Soutullo". 

 Esta oficina está enmarcada no Plan de Prevención das Agresión por LGTBIfobia que dende esta asociación están a desenrolar, e que pretenden expandir por o resto das comarcas onde a asociación está implantada.  

 Proximamente abrirase unha das dúas oficinas na comarca do Baixo Miño, sendo esta primeira no Concello de A Guarda, onde en recente sesión plenaria, a Corporación Municipal acordou a cesión deste local sendo a súa localización no antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde, na rúa Puerto Rico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario