O Grupo Parlamentario Socialista presentou unha proposición non de lei para a mellora da atención sanitaria do no Centro de Saúde de Oia
Mª Leticia Gallego (deputado do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia): "(...) os socialistas reclamamos á Consellería de Sanidade medidas urxentes no Centro de Saúde de Oia. A situación na que se atopa a Atención Primaria nesta vila é moi alarmante"
Infogauda / Oia
Na sesión plenaria do pasado xoves día 8 de xullo de 2021, os deputados do Grupo dos Socialistas de Galicia, Mª Leticia Gallego Sanromán, Julio Torrado Quintela e Marina Ortega Otero, presentaron ante o pleno unha proposición non de lei na que se pide ante o Parlamento Galego que se inste á Xunta de Galicia a:
1. Garantir a correcta e plena asistencia sanitaria na Atención Primaria cubrindo as prazas vacantes de médicos de familia do Centro de Saúde de Oia.
2. Garantir a consulta de dúas veces á semana do servizo de pediatría no Centro de Saúde de Oia.
3. Dotar dunha ambulancia medicalizada para toda a comarca do Baixo Miño e así ter unha boa asistencia sanitaria.
"Estas peticións veñen motivadas ante o clamor popular e da veciñanza polas continuas deficiencias na atención sanitaria no centro de saúde do municipio, derivadas, por unha banda, da falta de médicos e a non cobertura das prazas vacantes, o que provoca unha precaria atención, que sofre día a día a veciñanza", afirma á deputada Mª Leticia Gallego.
Asemade, a parlamentaria do PSdeG-PSOE refire: "Durante todo o mes de xuño, coas dúas médicos de atención primaria de baixa, só se substituíu unha, xa que a segunda só se substituíu 4 días en todo o mes. Se temos en conta que a poboación de Oia está moi envellecida cun segmento de poboación superior aos 50 anos de 1.495 habitantes, o que representa máis do 45% da poboación total do concello, podemos deducir o risco sanitario que está tendo a veciñanza.
O 30 de xullo de 2020 o grupo municipal socialista denunciou no pleno ordinario celebrado en Oia a falta do servizo de Pediatría que se prestaba dúas veces á semana, o que obrigou aos pacientes a desprazarse ata A Guarda para recibir atención.
En maio de 2021, o servizo de pediatría restablécese ao 50% coa asistencia do pediatra só un día á semana; Tendo en conta que a poboación de 0 a 15 anos en Oia é de 341 rapaces e rap azas.
E no presente mes de xullo volven a non ter pediatra. É unha vergoña a atención que se presta en Oia aos seus veciños e veciñas, non polos traballadores sanitarios do Centro de Saúde, que multiplican o seu traballo para poder paliar a situación de falla de persoal, tendo que atender cun só médico e en ocasiones sen ningún médico a unha poboación de máis de 3.000 habitantes, senón pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Neste contexto os socialistas reclamamos á Consellería de Sanidade medidas urxentes no Centro de Saúde de Oia. A situación na que se atopa a Atención Primaria nesta vila é moi alarmante".

Ningún comentario:
Publicar un comentario