O Concello de A Guarda organiza actividades deportivas de verán
· Dirixidas tanto a público xuvenil como tamén familiar
A Concellería de Deportes do Concello de A Guarda organiza diversas actividades deportivas dirixidas tanto a público xuvenil como tamén familiar, pensando na práctica de accións de ocio, aproveitando o tempo libre, os recursos naturais próximos e os espazos abertos.
As actividades propostas son: surf, escalada, kayak e ioga, cunha xornada específica para cada acción e cun número limitado de persoas participantes.
No caso de surf a actividade levarase a cabo o 15 de xullo pola tarde cunha cota de 15€ persoa. Na actividade poderán participar mozas e mozos de 12 a 18 anos.
A xornada de kayak está programada para o día 23 de xullo cunha cota por participante de 5€.
A actividade de escalada será o día 6 de agosto, cunha cota de 10€
No caso de ioga ao aire libre a actividade proponse para os días 18 de xullo e 22 de agosto sendo unha acción de balde para todas as persoas interesadas en participar.
Para inscrición e información as persoas interesadas poden escribir un correo electrónico á OMIX: informacion@aguarda.es

Ningún comentario:
Publicar un comentario