Veciños de Mougás poñen fin a 40 anos de promesas incumpridas
· Reivindicando a mellora do camiño de Lourido
Infogauda / Mougás (Oia)
Na mañá do sábado día 8 de maio un grupo de veciños e veciñas da parroquia de Mougás (Oia), "cansos de 40 anos de promesas incumpridas", decidiron colocar diversas pancartas e carteis no camiño de Lourido, reivindicando "o arranxo inmediato do mesmo", xa que nestes intres, segundo vén de comunicar o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia, "nin as ambulancias ou vehículos de emerxencias poden circular por algún dos tramos desta rúa".
Ningún comentario:
Publicar un comentario