O Instituto de Estudos do Territorio inicia unha rolda de contactos cos concellos para informarlles da aplicación das Directrices da Paisaxe
Con esta nova normativa, que entrará en vigor o vindeiro 20 de febreiro, a Xunta de Galicia quere afianzar a posición de Galicia en materia de paisaxe
Francisco Barea defende a importancia de coñecer o contido da mesma, pois establece consideracións que deberán ser integradas en todas as iniciativas que se promovan no territorio para protexer os valores paisaxísticos
Infogauda / Ribeira
O director do Instituto de Estudos do Territorio, Francisco Barea, vén de iniciar unha rolda de encontros de traballos cos concellos galegos para informarlles da aplicación das Directrices da Paisaxe, que o vindeiro 20 de febreiro entrarán en vigor.
A esta primeira reunión, celebrada esta mañá en Ribeira, foron convocados catro concellos da comarca (Ribeira, Porto do Son, Boiro e A Pobra de Caramiñal, pero estes dous últimos non puideron asistir por circunstancias persoais) e manterase este formato reducido, cunha dobre finalidade: cumprir coas recomendacións e medidas para garantir a distancia social e para informar da aplicación práctica e particular a cada un dos concellos.
As primeiras Directrices da Paisaxe coas que conta a Comunidade galega están pensadas como unha ferramenta de protección, xestión e conservación da paisaxe, coa que Galicia afiance a súa actual posición entre as comunidades máis avanzadas en materia paisaxística.
O director do IET defendeu este tipo de encontros
porque é moi importante que se coñeza o seu contido, por canto recolle
normas e directrices que deberán integrarse na totalidade de iniciativas
que se promovan no territorio galego, coa finalidade de preserva e
coidar os valores paisaxísticos. En definitiva, búscase compatibilizar a
protección e mellora da paisaxe co desenvolvemento económico de
Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario