PÁJAROS DE VERANO, NO CINECLUB POLEIRO
Este xoves día 14 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Goián
Rita Alonso / Goián
O próximo xoves, día 14 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Goián, o cineclub Poleiro proxecta a película colombiana PÁJAROS DE VERANO, baseada nunha historia real, que explica a orixe do narcotráfico en Colombia. Unha fita dirixida por Ciro Guerra e Cristina Gallego.
Sinopse
Ambientada nos anos 70, cando a xuventude norteamericana abraza a cultura hippie e a marihuana. Os agricultores da zona convértense en “empresarios” rápidamente. Unha familia indíxena asume o liderado nesta nova empresa. Riqueza e poder combínanse cunha guerra fraticida que ameaza vidas e tradicións ancestrais.
Mellor película no Festival de La Habana, nos premios Fénix, nos premios Macondo e nos premios Ariel.
O 4 de xaneiro programamos A ILLA DAS MENTIRAS, de Paula Cons.
Sinopse
Madrugada do 2 de xaneiro de 1921. Naufraxio frente a illa de Sálvora do buque Santa Isabel con destino a Bos Aires. Tres mulleres bravas salvan a preto de 50 náufragos. Un xornalista arxentino investiga o suceso e descubre moitas incógnitas. Historia e ficción sobre as heroínas de Sálvora.
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño, da Federación de Cineclubes de Galicia e a Xunta de Galicia dentro do marco do Xacobeo 2021.
Ningún comentario:
Publicar un comentario