O Rosal toma partido en contra da violencia de xénero
A Casa do Concello acolle ata mediados de decembro a exposición ‘Eu tomo partido, e ti?’, protagonizada este ano por membros do Club Ciclista do Rosal
A Praza do Calvario xa conta dende hoxe cun punto morado en conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O Rosal declárase un ano máis en contra da violencia de xénero e de calquera tipo de agresións. Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Casa do Concello acolle a exposición ‘Eu tomo partido, e ti?’, nesta ocasión protagonizada pola directiva do Club Ciclista O Rosal.
A Casa do Concello acolle ata mediados de decembro a exposición ‘Eu tomo partido, e ti?’
Este proxecto cumpre xa cinco anos de vida, ao longo dos que se involucraron deportistas locais no 2015, profesorado dos centros educativos do Rosal no ano 2016, profesoras da escola infantil A Galiña Azul no 2017, xogadores do Acanor Novás na edición de 2018 e integrantes da Agrupación Musical do Rosal o ano pasado.
Ademais, a Praza do Calvario xa conta dende hoxe cun punto morado en conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que quedará instalado ata o vindeiro mércores 25 de novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario