16 de abr. de 2026

A GUARDA

O III Trofeo Ciclista Aser Estévez incluído da Copa Critérium 

Disputarase este domingo, 19 de abril, ás 10:30 horas, na Gándara  




Infogauda / A Guarda

 Este domingo, 19 de abril, ás 10:30 horas, nun circuíto urbano da Gándara, disputarase o III Trofeo Ciclista Aser Estévez.

 Competirán ciclistas de Galicia e Portugal de diferentes categorías: promesas, principiantes, alevíns, infantís, cadetes, féminas, juniors, masters, elite e sub-23.  

  O III Trofeo Ciclista Aser Estévez forma parte da primeira edición da Copa Critérium, sendo un evento ciclista para promover o deporte en categorías de base e absolutas. As probas serán puntuables e reúne as carreiras xa existentes: Trofeo Aser Estévez, o Gran Premio Orpagu e o Gran Premio Concello de Oia.  


Circuito urbano no cal se realizará o evento

 

 Con motivo desta actividade deportiva o domingo pola mañá produciranse cortes de tráfico na Gándara. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario